Xuventude Crea 2023 | Cineuropa e mocidade
- Estrea
- DCP2K
- VO
Xuventude Crea 2023 | Cineuropa e mocidade
- Cineuropa 2023
- Estrea
- DCP2K
Cineuropa 37 acolle a fase final da especialidade de videocreación do certame Xuventude Crea 2023, un programa da Xunta de Galicia que procura recoñecer as propostas creativas da mocidade galega. Creado no 2010, o certame chega este ano á súa décimo cuarta edición. Nesta traxectoria acadou a participación de preto de 4.400 mozas e mozos e de 3.200 obras e proxectos distribuídos nas 14 especialidades do programa. Xuventude Crea pretende actuar como estímulo económico para a mocidade (cun primeiro premio de 3.000 euros, un segundo de 1.500 euros e un terceiro de 1.000 euros), pero, sobre todo, servir de escaparate para dar a coñecer entre o público o talento emerxente e as súas obras. As creacións e artistas máis recentes pódense consultar no museo dixital do programa: museoxuventudecrea.gal
Nesta sesión especial en Cineuropa vanse presentar e proxectar as pezas que o xurado seleccionou como finalistas na modalidade de videocreación e daranse a coñecer as persoas gañadoras da edición.
- Título orixinal: Xuventude Crea | Cineuropa e mocidade
- Idioma orixinal: Galego