![](https://numax.org/storage/cache/images/1a7/1648753468-460_45fb3c16-zogdcvoladors_cas.jpg)
Zog e os doutores voadores
- Estrea
- DCP2K
- +3
- VE
Zog e os doutores voadores
- Petís NUMAX
- Estrea
- DCP2K
- +3
Zog e os doutores voadores (Zog and the flying doctors), Sean Mullen, Reino Unido, 2020, 26’
A princesa Perla, o cabaleiro Gadabout e o dragón Zog forman un equipo de doutores do máis entregado. Os tres están decididos a curar todo tipo de criaturas, desde unha serea coa pel queimada polo sol a un león gripallento. Pero o peor dos enfermos será o rei, tío de Perla, quen desconfía das capacidades da súa sobriña e non acepta que escollera ser médica. Conseguirán os doutores voadores facerse valer ante o rei?
O señor da maceira (Apple tree man), Alla Vartanyan, Rusia, 2020, 11’
Un conto sobre un labrego o espírito da súa maceira, baseado na tradición e o folclore inglés, onde se destaca o poder da amabilidade a a axuda mutua.
O paxariñ e as abellas (The little bird and the bees), Lena von Dörhen, Suiza, 2019, 4’22’’
É primavera e o paxariño coida das primeiras follas da árbore. As flores abren unha a unha, e as abellas veñen zumbando ao espertar polo doce cheiro do seu néctar.
O paxaro e a balea (The bird and the whale), Carol Freeman, Irlanda, 2018, 7’
Unha balea intenta encontrar a súa voz. Tras separarse da súa familia para explorar un naufraxio, descubre un único supervivente: un paxaro cantor.
O paxaro verde (The green bird), Pierre Perveyrie y Maximilien Bougeois, Francia, 2018, 6’45’’
Un paxaro empéñase en incubar o seu ovo a pesar das adversidades. Conseguirá ver ao seu poliño nacer?
Os filmes están recomendados para nenos e nenas de 3 anos en diante e van ser proxectados na súa versión dobrada ao castelán.
- Título orixinal: Zog and the flying doctors
- Ano: 2020
- Duración: 56 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
![](https://numax.org/storage/cache/images/8ba/1648754325-600x424_45fe9595-zafd_12.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/5b5/1648754325-600x424_45fe9597-zafd_29.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/ba0/1648754325-600x424_45fe9597-birds1.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/234/1648754325-600x424_45fe9598-birdwhale1.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/dfa/1648754325-600x424_45fe9598-ocell2.jpg)
![](https://numax.org/storage/cache/images/97c/1648754325-600x424_45fe9598-pomer01.png)