Cine arxentino moderno. Fulgores e fracturas

En carteleira

Ver a programación

Invasión

Hugo Santiago

Aquilea é unha cidade asediada por misteriosos invasores que pretenden apoderarse dela. A indiferenza dos seus habitantes aplanará o camiño. Só un pequeno grupo de resistentes, guiados por un ancián, trata de impedir a acción dos invasores nunha loita desigual. Ler máis

Pajarito Gómez

Rodolfo Kuhn

"Pajarito" é un cantante de música popular impulsado por unha empresa discográfica que constrúe a súa figura pública, alimentando o mito do rapaz pobre e con talento, bo fillo e bo cidadán. Tras esa fachada agóchase un home escuro, desorientado, alcólico e distanciado da súa nai. Ler máis

Operación masacre

Jorge Cedrón

En 1956 fracasa un contra-golpe militar á ditadura autonomeada Revolución Libertadora, e nun terreo descampado de José León Suárez, provincia de Buenos Aires, son asasinados varios civís sospeitosos de formaren parte do alzamento. Porén, sete persoas logran sobrevivir á matanza e contar a historia. Ler máis

Juan, como si nada hubiera sucedido

Carlos Echeverría

O estudante Juan Herman é o único desaparecido político da cidade de San Carlos de Bariloche durante a ditadura militar de 1976. O filme mostra o xornalista Esteban Buch entrevistando as testemuñas da súa desaparición e detención, así como as persoas involucradas, entre elas militares e funcionarios que tiñan o poder da cidade. Ler máis