Foco John Ford

En carteleira

Ver a programación

O mozo Lincoln

John Ford

1832. O mozo Abraham Lincoln ten 23 anos e traballa nunha pequena tenda de New Salem, unha vila tranquila de Illinois. Empeza a devorar libros e a estudar Dereito de xeito autodidacta. Pouco a pouco decátase de que o seu talento de comunicador e a súa elocuencia permitiranlle seguir nesta vía. Ler máis

As uvas da ira

John Ford

Tom Joad (Henry Fonda) regresa ao seu fogar tras cumprir condena na prisión, pero a ilusión de volver a ver aos seus transfórmase en frustración ao ver como os expulsan das súas terras. Ler máis

Que verde era o meu val!

John Ford

Nunha vila mineira de Gales viven os Morgan, todos eles mineiros e orgullosos de selo e tamén de respectar as tradicións e a unidade familiar. Sen embargo, a baixada de salarios provocará un enfrontamento entre o pai e os fillos. Ler máis

Filmes xa programados

Caravana de paz

John Ford

Travis e Sandy son dous amigos buscavidas que se dedican a vender cabalos. Un día coñecen o líder dunha comunidade mormona que os quere contratar para guiar a súa caravana cara o val de San Juan. Ler máis

Misión de audaces

John Ford

Un severo coronel unionista está á fronte dun reximento que debe infiltrarse en pleno territorio confederado para cumprir unha difícil misión. Nesta aventura acompáñao un médico de bos sentimentos. Ler máis

O delator

John Ford

Irlanda 1922. Traizón entre amigos para un coñecido filme de Ford. Rodada en menos de 3 semanas. No axitado Dublín dos anos vinte, Gypo Nolan, un tipo sen oficio nin beneficio, expulsado do Exército de Liberación Irlandés e con tendencia a empinar o cóbado, soña con viaxar aos Estados Unidos en compañía da súa moza, Katie. Ler máis

O home tranquilo

John Ford

Sean Thornton, un boxeador norteamericano, regresa á súa Irlanda natal para recuperar a súa granxa e esquecer o seu pasado. Nada máis chegar namora de Mary Kate Danaher, unha moza moi temperamental, aínda que para conseguila deberá loitar contra os costumes locais, como o pago da dote e, ademais, contra a oposición do irmán da súa prometida. Ler máis