Foco Rainer Werner Fassbinder

Filmes xa programados

A lei do máis forte

Rainer Werner Fassbinder

Franz Biberkopf é un mozo homosexual, vulgar e inxenuo que, despois de traballar como “Fox, a cabeza parlante” nunha feira, gaña medio millón de marcos na lotaría, o que lle permite frecuentar círculos gais máis selectos. Neste ambiente namora de Eugen, fillo dun empresario que posúe unha imprenta ao borde da quebra. Ler máis

A ruleta chinesa

Rainer Werner Fassbinder

“A ruleta chinesa” é unha parábola do mundo burgués, os seus ritos e mentiras. Ángela é unha adolescente discapacitada, filla de pais ricos e liberais; pero o seu odio cara a eles lévaa a tenderlles unha trampa para que unha fin de semana coincidan na súa casa de campo cos seus respectivos amantes. Ler máis

A viaxe á felicidade de Mamá Küster

Rainer Werner Fassbinder

Un obreiro dunha planta química asasina o fillo do seu xefe suicidándose a continuación. A súa viúva inicia unha odisea persoal na que terá que se enfrontar a manipulacións mediáticas e ideólogos políticos que buscan empregala para os seus propios fins, ignorando a única razón que a move: defender a dignidade á memoria do seu marido. Ler máis

Ver máis