Cine arxentino moderno. Parte 2

En carteleira

Ver a programación
Pase único 13 de outubro

Ufa con el sexo

Rodolfo Kuhn

Juan é un mozo burgués porteño que practica o engano para seducir as mulleres. A súa vida muda ao namorar de Evangelina, unha muller que desordenja as súas certezas sobre o amor, o sexo e o matrimonio. Ler máis

Pase único 20 de outubro

La herencia

Ricardo Alventosa

A herdanza á que fai referencia o título do filme é a que deixa a tía Carlota ao hipotético fillo da súa sobriña Coralia. O testamento outorga un prazo para que a moza sexa nai, o que non só altera a vida dela senón tamén a de seu pai, Don César, e a do seu marido Leopoldo Selva. Ler máis

Pase único 27 de outubro

... (Puntos suspensivos)

Edgardo Cozarinsky

Un cura de estrema dereita descobre a través de tres encontros chave (co exército, cunha familia burguesa e cun sacerdote tercermundista) que debido á súa ideoloxía quedou fóra do seu tempo. Ler máis

Pase único 3 de novembro

Los venerables todos

Manuel Antin

Ismael, o integrante máis inestable e feble de carácter dun suposto grupo de conspiradores con aspiracións de poder, sofre as constantes burlas e o menosprezo do lídeo do mesmo e os seus compañeiros. Todo muda cando unha muller da que Ismael está namorado comeza a integrarse nas lóxicas macabras do grupo. Ler máis