Primeiros planos. Óperas primas de grandes cineastas

En carteleira

Ver a programación

Corpo celeste

Alice Rohrwacher

Tras pasar dez anos en Suíza, Marta, a súa nai e a súa irmá loitan a diario para integrarse en Reggio Calabria, unha cidade do sur de Italia dominada pola mafia Ler máis

River of Grass

Kelly Reichardt

'River of Grass' ten todos os elementos dunha road movie convencional: un coche, unha pistola, plans criminais e dous mozos amantes escapando dun pai furioso que ademais é un oficial de policía suspendido. Ler máis

Filmes xa programados

Crime e castigo

Aki Kaurismäki

Adaptación da novela homónima de Dostoievski ambientada na Finlandia actual. Un ex-estudante de dereito irrompe no apartamento dun home de negocios e mátao aparentemente sen motivos. Ler máis

Malas terras

Terrence Malick

Dakota do Sur, 1959. Cando o rebelde Kit Carruthers coñece a moza de 15 anos Holly Sargis, decide deixar atrás a súa mediocre vida e tentar acadar un triunfo. Ler máis

Pather panchali (A canción do camiño)

Satyajit Ray

Narra a historia dunha familia bengalí axexada pola mala sorte. O pai, Harihara, é un sacerdote, curandeiro, soñador e poeta. Sabajaya, a nai, traballa para alimentar á súa familia, que recibe con alegría e esperanza a chegada dun novo fillo, Apu. Ler máis

Ver máis