Centenario Maurice Pialat

En carteleira

Ver a programación

Aos nosos amores

Maurice Pialat

Suzanne é unha moza de dezaseis anos cunha vida sexual moi activa pero sen interese polas relacións románticas. Na súa casa, a situación é tensa: seu pai abandonounos, súa nai ten tendencias neuróticas e seu irmán bate nela. Ler máis

A infancia espida

Maurice Pialat

Despois de ter sido abandona por seus pais, François, un neno de nove anos, é acollido por unha familia obreira. Pero decátanse de que o neno ten graves problemas de comportamento e axiña se converte nunha carga para eles. Os servizos sociais búscanlle unha nova familia de acollida, unha vella parella que coida doutro neno abandonado. Ler máis

Nós non envelleceremos xuntos

Maurice Pialat

Crónica da degradación dunha parella. A partir dos avatares amorosos de Jean, un cineasta colérico e violento, e Catherine, amante infantil e neurótica, Pialat traza o relato implacable dun amor que se resiste á súa disolución. Ler máis

A boca aberta

Maurice Pialat

Drama centrado nunha muller que se atopa na última etapa dunha enfermidade terminal e as consecuencias que esta situación ten nos seus seres máis próximos. Ler máis

Pases únicos 1 e 2 de agosto

Aproba primeiro

Maurice Pialat

Nunha cidade do norte de Francia, uns cantos adolescentes ven achegarse o exame de bacharelato cunha ansiedade atemperada pola indiferenza. Para eles é un ano de conflitos cos adultos e cos seus mestres, que ven o exame como un pasaporte ao traballo. Máis ben un pasaporte ao paro, pensan os desilusionados mozos. Ler máis

Pases únicos 8 e 9 de agosto

Loulou

Maurice Pialat

Nelly, unha muller burguesa de vida ordenada, coñece unha noite a Loulou, un mozo marxinal. Cando o seu marido a bota violentamente de casa, vai vivir con el. Axiña queda embarazada, pero Loulou non cambia a súa vida de inadaptado, dividida entre os amigos e os pequenos roubos nocturnos. Ler máis

Pases únicos 15 e 16 de agosto

Police

Maurice Pialat

O inspector Maugin vai á caza de traficantes de droga de pouca monta. Nunha redada policial, coñece a Noria, a noiva dun camelo, e namora dela. Ler máis

Pases únicos 22 e 23 de agosto

Baixo o sol de Satán

Maurice Pialat

Un seminarista mediocre, o abade Donissan, atormentado polo mal e polo fracaso da súa misión, autoinflíxese mortificacións e non logra conectar cos seus fregueses. Ata o día que coñece a moza Mouchette, que acaba de cometer un grave pecado. Ler máis

Pases únicos 29 e 30 de agosto

O neno

Maurice Pialat

Gérard ve medrar o seu fillo, o pequeno Antoine. Ten a sensación de que nunca quixo tanto a ninguén e ninguén o quixo tanto. Están Sophie, a súa exmuller, a súa amante… E a vida segue. Ler máis

Pases únicos 12 e 13 de setembro

Van Gogh

Maurice Pialat

Tras estar internado no manicomio, Vincent Van Gogh instálase en Auvers-sur-Oise, en casa do doutor Gachet, un afeccionado á arte. Os últimos días do pintor están marcados polas súas conflitivas relacións co seu irmán Theo e pola súa inestable saúde mental. Ler máis

Ver menos