Universo David Lynch

En carteleira

Ver a programación

Corazón salvaxe

David Lynch

Durante un permiso carcerario, Sailor visita a súa moza Lula e ambos deciden fuxir a California. A nai da rapaza, que se opón a esta relación, ponse en contacto cun mafioso para que elimine a Sailor. Ler máis

Estrea 13 de agosto

Twin Peaks. Fogo camiña comigo

David Lynch

Precuela da famosa serie televisiva 'Twin Peaks' na que percorremos os derradeiros sete días de Laura Palmer. Durante o día, Laura é unha popular estudante modelo no instituto. Pola noite asfíxiase entre drogas e sexo até a adición. Ler máis

Estrea 20 de agosto

Estrada perdida

David Lynch

Fred Madison, un músico de jazz que vive coa súa esposa Renee, recibe unhas misteriosas fitas de vídeo nas que aparece unha gravación del coa súa esposa dentro da súa propia casa. Ler máis

Estrea 27 de agosto

Unha historia verdadeira

David Lynch

Baseada nun feito real ocorrido en 1994, 'Unha historia verdadeira' preséntanos a Alvin Straight, un home de 73 anos que percorreu 500 quilómetros nunha máquina cortacéspede para visitar ao seu irmán enfermo. Ler máis

Filmes xa programados

Mulholland Drive

David Lynch

Betty Elms (Naomi Watts), unha moza aspirante a actriz, chega a Los Ángeles para converterse en estrela de cine e alóxase no apartamento da súa tía. Alí coñece á enigmática Rita (Laura Harring), unha muller que padece amnesia a causa dun accidente sufrido en Mulholland Drive. Ler máis

O home elefante

David Lynch

A finais do século XIX, o doutor Frederick Treves descobre nun circo a un home chamado John Merrick. Trátase dun cidadá británico coa cabeza monstruosamente deformada, que vive nunha situación de constante humillación e sufrimento ao ser exhibido diariamente coma unha atracción de feira. Ler máis

Veludo azul

David Lynch

Unha mañá, Jeffrey Beaumont atopa entre uns arbustos unha orella humana. Comeza así unha misteriosa intriga que desvelará estraños sucesos acontecidos nunha pequena localidade de Carolina do Norte. Ler máis