
32 Sounds
Documental inmersivo que profundiza na capacidade do son para modificar o tempo, cruzar fronteiras e alterar a nosa percepción do mundo; mediante 32 exploracións deste fenómeno xérase unha experiencia única. Ler máis
Documental inmersivo que profundiza na capacidade do son para modificar o tempo, cruzar fronteiras e alterar a nosa percepción do mundo; mediante 32 exploracións deste fenómeno xérase unha experiencia única. Ler máis
Crónica exhaustiva do movemento Free Party que montaba raves gratuítas ao aire libre por toda Inglaterra desde finais dos 80 até mediados dos 90. A "unión de tribos" de travellers, punks, hippies e ácratas desafiou a policía e as leis de propiedade da terra até o punto de que o goberno lexislou especificamente contra aquel estilo de vida nómade. Ler máis
Documental sobre a vida do cantautor e filósofo Chicho Sánchez Ferlosio, fillo do escritor falanxista Rafael Sánchez Mazas e irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio. Ler máis
Un filme sobre a música Acid Techno, o anarquismo, o sintetizador Roland TB-303, as festas rave, a desorde, o instinto de vida e de morte, as sociedades secretas e o caos, a infancia, o ruído, o pracer de facer música e escoitala, a violencia e como responder a ela con violencia. Ler máis
Dobre sesión que inclúe a mediametraxe "The Diary of the Sky", gravada durante a pandemia polo artista libanés Lawrence Abu Hamdan, e "Where the Language Fails Us", film-concerto de Dirar Kalash. Ler máis