10 de marzo
- Estrea
- DCP2K
- +7
- VO
10 de marzo
- Estrea
- DCP2K
- +7
A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey. O filme aborda todo o proceso de penetración das comisións obreiras e do partido comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde.
A sesión contará con presentación e coloquio a cargo do historiador Víctor Santidrián e o produtor do filme Emilio J. Fernández
- Título orixinal: 10 de marzo
- Ano: 2022
- Duración: 80 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Roi Cagiao
- Guión: Roi Cagiao, Iñaki Varela
- Montaxe: Damián Varela, Roi Cagiao
- Dirección de arte: Isabel Fernández
- Vestiario: Isabel Fernández
- Son: Jorge G. Colado
- Música: Iván Salgado
- Fotografía: Damián Varela
- Produtora: Arthur Gordon
- Distribuidora: Arthur Gordon