Á abordaxe!

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Á abordaxe!

  • Estrea
  • DCP2K

Unha calorosa noite de verán en París, Félix coñece a Alma. A cita vai estupendamente e acaban durmindo xuntos nun parque. Nada máis espertar, Alma marcha pasar o verán coa súa familia ao sur de Francia. Félix, que namorou perdidamente, decide darlle unha sorpresa e pasar o verán coa súa alma xemelga. Na compaña do seu mellor amigo, Chérif, inicia unha viaxe nun coche compartido co descoñecido e prudente Edouard. Ao chegar, un pequeno accidente co coche provocará que os tres compartan cámping nunhas vacacións atípicas onde nada sae como estaba planeado.

  • Título orixinal: À l'abordage!
  • Ano: 2020
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Guillaume Brac
  • Guión: Guillaume Brac, Catherine Paillé
  • Elenco: Eric Nantchouang, Salif Cissé, Édouard Sulpice, Asma Messaoudene
  • Montaxe: Héloïse Pelloquet
  • Vestiario: Marine Galliano
  • Son: Emmanuel Bonnat
  • Fotografía: Alan Guichaoua
  • Produtora: Arte, Geko Films
  • Distribuidora: Flamingo Films
Xixón 2020 (Selección Oficial)