A casa do bosque (Episodios 5-7)

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
11 de xullo

A casa do bosque (Episodios 5-7)

  • Repertorio
  • DCP2K

Dividida en sete episodios, esta serie de culto de Maurice Pialat conta a historia duns nenos parisinos que, a causa da Primeira Guerra Mundial, son enviados a unha vila da Francia rural, onde son acollidos por un matrimonio con tres fillos. Pialat consideraba A casa do bosque a súa mellor obra. Porén, esta serie de televisión, invisible durante trinta anos e nunca emitida no noso país, segue a ser a grande obra mestra descoñecida do director de Aos nosos amores.

Nesta segunda sesión proxectaremos os tres últimos episodios da serie, do 5º ao 7º.

  • Título orixinal: La maison des bois
  • Ano: 1971
  • Duración: 169 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Maurice Pialat
  • Guión: René Wheeler
  • Elenco: Pierre Doris, Jacqueline Dufranne, Agathe Natanson, Henri Puff, Fernand Gravey, Hervé Lévy, Maurice Pialat
  • Música: Roger Duculot
  • Produtora: Office de Radiodiffusion Télévision Française (ORTF), Rai, Son et Lumière (Francia)
  • Distribuidora: Atalante Cinema