A familia que ti elixes

  • Estrea
  • +7
  • VOSE

A familia que ti elixes

  • Estrea
  • +7

Zak é un mozo con síndrome de Down que escapa da residencia onde vive para cumprir o seu gran soño: converterse nun loitador profesional. Unha serie de circunstancias lévano a se atopar con Tyler, un delincuente de bo corazón que tamén se deu á fuga e que se convirte no seu amigo e adestrador. A súa aventura úneos a Eleanor, unha enfermeira un tanto peculiar. Xuntos emprenden unha marabillosa viaxe que cambiará as súas vidas.

Premio do Público en SXSW. Dos produtores de Pequena Miss Sunshine. Unha emocionante aventura feel good protagonizada por Shia LaBeouf (saga Transformers), Dakota Johnson (Cincuenta sombras de Grey) e o actor revelación Zack Gottsagen.

 

Promoción 2x1 só válida do 17 ao 23 de xullo e non acumulábel a outros descontos. Mercando a entrada coa "Tarifa 2x1" a 6,60€, pódese reservar a segunda entrada sen custe seleccionando a tarifa "2x1 entrada gratuíta".

  • Título orixinal: The Peanut Butter Falcon
  • Ano: 2019
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Tyler Nilson, Mike Schwartz
  • Guión: Tyler Nilson, Mike Schwartz
  • Elenco: Zack Gottsagen, Shia LaBeouf, Dakota Johnson, Bruce Dern, John Hawkes, Thomas Haden Church, Jermaine Rivers, Tristan S. Bradford, Jon Bernthal, Mick Foley, Jake Roberts
  • Montaxe: Nat Fuller, Kevin Tent
  • Dirección de arte: Gabrael Wilson
  • Vestiario: Melissa Walker
  • Son: Kevin Strahm
  • Música: T-Bone Burnett, Zachary Dawes, Gabe Witcher, Jonathan Sadoff, Noam Pikelny
  • Fotografía: Nigel Bluck
  • Produtora: Lucky Treehouse, Armory Films (Estados Unidos)
  • Distribuidora: A Contracorriente
SXSW 2020 (premio do público)