A famosa invasión dos osos en Sicilia

  • Estrea
  • DCP2K
  • +7
  • VE

A famosa invasión dos osos en Sicilia

O personalísimo universo visual do ilustrador e autor de novela gráfica Lorenzo Mattotti (tamén colaborador de figuras como Lou Reed, Soderbergh e Antonioni) fúndese aquí co de Dino Buzzati, cuxo mítico libro adapta nesta xoia da animación moderna. A historia de como os osos acaban invadindo Sicilia para recuperar o fillo perdido do Rei Oso é en realidade unha parábola sobre a colonización, a apropiación cultural e a utilización despótica do poder cuxa potencia levouna á sección Un Certain Regard de Cannes. Infinito deleite plástico e capas de significado nunha obra que parte do infantil para acadar a universalidade.

  • Título orixinal: La fameuse invasion des ours en Sicile
  • Ano: 2019
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Lorenzo Mattotti
  • Guión: Thomas Bidegain, Jean-Luc Fromental, Lorenzo Mattotti (Novela: Dino Buzzati)
  • Montaxe: Nassim Gordji Tehrani, Sophie Reine
  • Dirección de arte: Julien De Man
  • Son: Jean-Marc Lentretien
  • Música: René Aubry
  • Produtora: France 3 Cinéma, Indigo Film, Prima Linéa Productions, Pathé, RAI Cinema, Canal+ (Francia-Italia)
  • Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Cannes 2019 (Un Certain Regard), Sevilla 2019 (Mención Especial), Cesar 2019 (Nomeado a Mellor Filme de Animación), Annecy 2019 (Sección Oficial)