A loita final

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO
Pase único 14 de xuño

A loita final

  • Estrea
  • DCP2K

A finais de 2022 empezouse a coñecer un proxecto de fabricación da fibra semi-sintética lyocell coñecido como Proxecto GAMA. Ao pouco, foi transcendendo que do que se trataba en realidade era da instalación dunha gran planta de celulosa nunha área próxima a Palas de Rei, o que creu alarma en principio entre a veciñanza da zona pero que rapidamente se foi extendendo ao longo de todo o río Ulla e ao resto de Galicia.

Neste documental analizamos os posibles efectos que unha instalación destas características poderían exercer sobre todos os aspectos que se verían implicados, e facémolo coa intervención de investigadores especializados en cada unha destas áreas, así como de veciñas e profesionais.

O pase do filme terá lugar o sábado 14 de xuño con acceso gratuíto até completar aforo. A sesión contará coa presenza de Enrique Banet e Mabel Rivera, xunto coa neurocientífica Sonia Villapol.

  • Título orixinal: A loita final
  • Ano: 2025
  • Duración: 83 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Enrique Banet
  • Guión: Enrique Banet
  • Son: Emilio Garcia (Cinemar)
  • Música: Uxía Senlle, Coro Encaixe, Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre, Loita Amada
  • Produtora: Mabel Rivera
  • Distribuidora: Fundación Galicia Verde