A noite dos mortos viventes

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

A noite dos mortos viventes

  • Repertorio
  • DCP2K
  • +12

Un heteroxéneo grupo de individuos refúxiase nunha casa abandonada cando os cadáveres comezan a saír do cemiterio na procura de corpos humanos frescos para devorar. O pragmático Ben fai todo o posible por controlar a situación, pero cando os corpos reanimados rodean a casa, o resto de superviventes comezan a entrar en pánico. A medida que a organización dentro do grupo comeza a desaparecer, os zombis atopan formas de entrar e, un por un, os superviventes convértense en presa dos mortos.

Filme de culto no cinema de zombis e o debut na dirección do gran George A. Romero.

  • Título orixinal: Night of the living dead
  • Ano: 1968
  • Duración: 96 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: George A. Romero
  • Guión: John A. Russo, George A. Romero
  • Elenco: Judith O'Dea, Duane Jones, Marilyn Eastman, Karl Hardman, Judith Ridley, Keith Wayne, Kyra Schon, Russell Streiner, S. William Hinzman, George Kosana, George A. Romero
  • Montaxe: George A. Romero
  • Fotografía: George A. Romero
  • Produtora: Image Ten, Laurel Group, Market Square Productions, Off Color Films
  • Distribuidora: Sala46 films