A noite que deixou de chover + A danza de Katiuska

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO
  • VO Presentación e coloquio con Miguel de Lira e Alfonso Zarauza

Máis sesións

A noite que deixou de chover + A danza de Katiuska

Spleen (Luis Tosar), un tipo pouco corrente, pasa as noites filosofando até o amencer na compaña dos seus amigos da Taberna dos Dramáticos, santuario bohemio que frecuenta desde hai anos. Despois de tres meses de choiva ininterrompida, de súpeto unha noite deixa de chover. Spleen sae daquela mercar pan e coñece a Rusa (Nora Tschirner), unha muller loura que encarna as súas ilusións. Xuntos emprenden unha viaxe insólita, tenra e surrealista a través da noite e do interior de si mesmos que transformará a súa vida por completo.

A longametraxe irá precedida da curta A danza de Katiuska (1998, 15 min), protagonizada por Luis Tosar e Ursia Gago e premiada a Mellor Actor e Fotografía nos Premios Agapi 1999 (actuais Mestre Mateo).

O pase contará con presentación e coloquio con Miguel de Lira e Alfonso Zarauza.

  • Título orixinal: A noite que deixou de chover + A danza de Katiuska
  • Ano: 2008
  • Duración: 100 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Alfonso Zarauza
  • Guión: Alfonso Zarauza
  • Elenco: Luis Tosar, Nora Tschirner, Mercedes Sampietro, Chete Lera, Miguel de Lira, Fede Celada, Macarena Gómez, Camila Bossa
  • Montaxe: Juan Carlos Arroyo
  • Dirección de arte: Curru Garabal
  • Vestiario: Saturna
  • Son: Antonio Rodríguez
  • Música: Piti Sanz, Iván Laxe
  • Fotografía: Antonio González
  • Produtora: Iroko Films S.L., Perro Verde Films, Pecado Films
  • Distribuidora: Maruxiña Films
Mestre Mateo 2009 (4 premios), Festival de Cinema Latino de Los Angeles 2008 (Mellor Guión), Viña del Mar 2008 (Mellor Dirección)