
A receita perfecta
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
A receita perfecta
- Estrea
- DCP2K
Totone, de 18 anos, pasa a meirande parte do tempo bebendo cervexas e de festa na rexión do Jura co seu grupo de amigos. Pero a realidade atrápao: ten que coidar da súa irmá de 7 anos e gañar a vida. Daquela proponse fabricar o mellor queixo Comté da rexión, o que o faría gañar a medalla de ouro no concurso agrícola e 30.000 euros.
A receita perfecta é unha conmovedora comedia que retrata con grande intelixencia os lazos familiares e afectivos duns personaxes cheos de graza e ansiosos de aventura. Ambientado na contorna rural francesa, este filme naturalista repleto de matices foi distinguido con importantes galardóns, como o de Mellor ópera prima e Mellor actriz revelación nos Premios César, o Premio da Xuventude no Festival de Cannes ou o Premio Punto de Encontro e do Público na SEMINCI de Valladolid.
- Título orixinal: Vingt Dieux (Holy Cow)
- Ano: 2024
- Duración: 90 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Louise Courvoisier
- Guión: Théo Abadie, Louise Courvoisier
- Elenco: Clément Favreau, Maïwene Barthelemy, Dimitri Baudry, Mathis Bernard, Luna Garret
- Montaxe: Sarah Grosset
- Dirección de arte: Aïdé Agostini, Pablo Courvoisier, Valentine Gauthier, Laurent Saimond
- Vestiario: Perrine Ritter
- Son: François Abdelnour, Sandy Notarianni
- Música: Charlie Courvoisier, Linda Courvoisier
- Fotografía: Elio Balezeaux
- Produtora: Ex Nihilo, France 3 Cinéma, Auvergne Rhône-Alpes Cinéma (Francia)
- Distribuidora: La Aventura



