A State of Passion

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 2 de novembro

A State of Passion

O cirurxián británico-palestino Dr. Ghassan Abu Sittah pasou 43 días baixo o bombardeo de Gaza, atendendo os feridos sen descanso. Enfrontando ferridas terribles, hospitais atacados e nenos orfos, o seu traballo converteuse nun símbolo de resistencia. Esta película explora a súa sexta e máis desgarradora guerra en Gaza, os temores da súa familia e a paixón compartida por Palestina que impulsa a súa infatigable misión humanitaria a pesar do perigo.

O 2 de movembro, con motivo do aniversario da Declaración Balfour, organízanse máis de 500 proxeccións de cinema palestino en todo o mundo. Este esforzo global é unha mostra de solidariedade con Palestina ao que desde o Cinema NUMAX nos unimos. Palestine Cinema Days é un acto de amplificación das voces palestinas censuradas e unha contribución a mudar a narrativa distorsionada.

  • Título orixinal: A State of Passion
  • Ano: 2025
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Árabe
  • Dirección: Muna Khalidi, Carol Mansour
  • Guión: Muna Khalidi, Carol Mansour
  • Montaxe: Raymond Aftimos, Carol Mansour
  • Son: Lama Sawaya
  • Distribuidora: Palestina Cinema Days