A viaxeira

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE
Estrea 16 de abril

A viaxeira

  • Estrea
  • DCP2K

Iris (Isabelle Huppert), unha viaxeira misteriosa, vagabundea polas aforas de Seúl. Alí convence unha serie de persoas para lles ensinar francés cun método tan pouco ortodoxo como sedutor, a pesar da súa falta de experiencia. Entre paseos polo parque e botellas de viño de arroz makgeolli, Iris parece de súpeto unha máis da familia. Con sombreiro de palla, vestido de flores e chaqueta verde, a súa personalidade desinhibida crea ao seu carón un clima de confianza, diversión e aprendizaxe que provoca momentos hilarantes e algún malentendido.

  • Título orixinal: Yeohaengjaui pilyo
  • Ano: 2024
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Hong Sangsoo
  • Guión: Hong Sangsoo
  • Elenco: Isabelle Huppert, Lee Hyeyoung, Kwon Haehyo, Cho Yunhee, Ha Seongguk, Kim Seungyun, Kang Soyi, Ha Jinwha
  • Montaxe: Hong Sangsoo
  • Música: Hong Sangsoo
  • Fotografía: Hong Sangsoo
  • Produtora: Jeonwonsa Film (Corea do Sur)
  • Distribuidora: Atalante Cinema
Berlinale 2024 (Premio do Xurado), Donostia 2024 (Perlak)