Cineuropa 2021 - Adiós a la memoria
- Estrea
- DCP2K
- VO
Cineuropa 2021 - Adiós a la memoria
- Cineuropa 2021
- Estrea
- DCP2K
Nicolás Prividera, director de M (sobre a procura da súa nai desaparecida) e Tierra de los padres (sobre a historia arxentina que levou á última ditadura), entérase de que o seu pai padece o mal de Alzheimer. Sente entón que esa ironía do destino obrígao a completar esas películas cunha sorte de terceira parte (triloxía involuntaria, xa que desexaba en cada paso escapar do tema, para volver caer nel), e decide que esa película (a súa despedida dunha cuestión que atravesa a cultura contemporánea) non pode senón chamarse Adiós a la memoria... Pero non se trata dun documental “subxectivo” nin dun eloxio do esquecemento, senón de indagar ese linde no cal a memoria persoal queda fundida coa social (e se asoma á súa mesma desaparición): un percorrido que nos leva dun caderno impenetrable diario da nai a diálogos imposibles co pai, de vellas películas familiares aos rastros das lembranzas compartidas por cada xeración, das pantasmas da cidade á procura ao culto da memoria no mundo contemporáneo. Un peche que volve á orixe.
Nicolás Prividera (Bos Aires, Arxentina, 1970)
Estudou na universidade de Bos Aires e na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica. Dirixiu dúas longametraxes: M (2007, mellor película latinoamericana e Fipresci no Mar del Plata, e mención especial do xurado no Festival de Xixón); e Tierra de los padres (2011), que foi estrenada no Festival de Toronto.
- Título orixinal: Adiós a la memoria
- Ano: 2020
- Duración: 95 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Nicolás Prividera
- Guión: Nicolás Prividera
- Son: Hernán Rosselli
- Fotografía: Héctor Prividera, Nicolás Prividera
- Produtora: Pablo Ratto