Agromantes

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Agromantes

  • Estrea
  • DCP2K

Un grupo de persoas xúntase para compartir as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Entre todas van trazando un debuxo complexo de como se vive nestas condicións de sufrimento psíquico intenso, nun ambiente de estigma, incomprensión e, se cadra, ata malos tratos frecuentes. Pero na escena tamén aparece o humor, autoconsciencia e unha gran sensibilidade que interpela directamente ao inadvertido espectador.

Presentación e coloquio coa directora | Pase gratuíto até completar aforo | Entradas dispoñibles en web e billeteira a partir do martes 11 (máximo 2 por persoa)

  • Título orixinal: Agromantes
  • Ano: 2022
  • Duración: 72 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Cora Peña
  • Guión: Cora Peña
  • Elenco: Documental
  • Son: Jorge Colado
  • Música: Bernardo Martínez
  • Fotografía: Cora Peña, Adrián Van Halten, Pablo Dios