Amar, beber e cantar
- Estrea
- DCP2K
- +7
- VOSE
Amar, beber e cantar
- Estrea
- DCP2K
- +7
Na campiña inglesa de Yorkshire, a vida de tres parellas transfórmase durante uns meses, da primavera ao outono, polo enigmático comportamento do seu amigo George Riley. Cando o médico Colin lle revela nun despiste á súa muller Kathryn que os días do seu paciente Riley están contados, non sabe que foi el o primeiro amor de Kathryn. O matrimonio, que interpreta unha obra de teatro xunta un grupo amateur local, convence a George para que se lles una.
É o derradeiro e premiado filme de Alain Resnais (1922-2014).
- Título orixinal: Aimer, boire et chanter
- Ano: 2014
- Duración: 108 minutos
- Dirección: Alain Resnais
- Guión: Alex Réval (Alain Resnais), Laurent Herbiet, Jean-Marie Besset a partir da obra de Alan Ayckbourn
- Elenco: Sabine Azéma, André Dussollier, Michel Vuillermoz, Hippolyte Girardot, Sandrine Kiberlain, Caroline Silhol
- Montaxe: Hervé de Luze
- Dirección de arte: Matthieu Beutter
- Vestiario: Jackie Budin
- Son: Jean-Pierre Duret
- Música: Mark Snow
- Fotografía: Dominique Bouilleret
- Produtora: F comme Film, France 2 Cinéma, Solivagus, Sofica Manon 3, Cinémage 8, La Banque Postale Image 6, Canal+, Ciné+, France Télévisions (Francia)
- Distribuidora: Good Films
Berlinale 2014: premio FIPRESCI, premio Alfred Bauer
SEFF 2014