Alcaldesa

  • Estrea
  • DCP2K
  • Todos os públicos
  • VOSE

Alcaldesa

  • Estrea
  • DCP2K
  • Todos os públicos

Alcaldesa segue os pasos de Ada Colau durante un ano, desde os inicios da candidatura de Barcelona en Comú até o día en que é investida alcaldesa da capital catalá. A crónica íntima dos feitos —cun vídeo-diario persoal da mesma Colau— e o acceso privilexiado ás entrañas da formación, móstranos un episodio que reúne dous argumentos universais: a consecución dunha vitoria histórica, paradigma dos cambios políticos do sur de Europa, e o combate interior de alguén que se está a converter no que tantas veces cuestionou.

  • Título orixinal: Alcaldessa
  • Ano: 2016
  • Duración: 88 minutos
  • Dirección: Pau Faus
  • Guión: Pau Faus, Ventura Durall
  • Participación: Ada Colau, Jaume Asens, Alfred Bosch, Jaume Collboni, El Gran Wyoming, Alberto Fernández Díaz, Pablo Iglesias, Gerardo Pisarello, Xavier Trias
  • Montaxe: Joan Manel Vilaseca, Alex García, Núria Campabadal
  • Son: Diego Pedragosa
  • Música: Diego Pedragosa
  • Fotografía: Pau Faus
  • Produtora: Nanouk Films
  • Distribuidora: Nanouk Films
Málaga 2016 —Biznaga de Prata á mellor dirección, sección Documentais—