Alentejo, Alentejo
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Alentejo, Alentejo
- MICE 2019
- Repertorio
- DCP2K
Alentejo, Sul de Portugal. Decenas de grupos amadores reúnense regularmente para ensaiar antigos cantos polifónicos e para improvisar modas sobre o tempo presente. Isto é o cante. Nacido nas tabernas e nos campos, o cante transmitiuse ao longo de varias xeracións. Nas últimas décadas, coa diáspora alentejana, novos grupos xurdiron na periferia de Lisboa e en diversos países de emigración. Moitos deles formados por adolescentes e crianzas, probando que o cante está vivo e é o trazo identitario de todo un pobo. Alentejo, Alentejo é unha viaxe a un modo de expresión musical único e a paixón dos seus intérpretes.
Sesión incluída na sección Trazas, programada polo Cineclube de Compostela dentro da 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
- Título orixinal: Alentejo, Alentejo
- Ano: 2014
- Duración: 100 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Sérgio Tréfaut
- Montaxe: Pedro Marques
- Son: Miguel Moraes Cabral, Olivier Blanc, Armanda Carvalho
- Fotografía: João Ribeiro,Marta Pessoa
- Produtora: Faux - Edições e Audiovisuais (Portugal)
- Distribuidora: MICE