
Alex & Munchie: contra o cisheteropatriarcado
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VO
Alex & Munchie: contra o cisheteropatriarcado
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX
- Estrea
- DCP2K
- +12
As creadoras e activistas cuir Xácia Ceive e Carmen Granxeiro, mergúllanse no mundo das súas personaxes na ficción, Alex e Munchie. Nesta ficción documental, que explora o que significa representar vidas trans, cuir e lésbicas na arte, atopámonos cunha traballadora sexual e unha aspirante a directora de cinema alén das propias creadoras.
Na transformación dende directoras até personaxes, Xácia e Carmen medram encarnando procesos de transición e performatividade entre identidades movedizas. Entrar nos dramas destas vidas permítelles empregar o poder da comunidade na procura das verbas que representen as complexidades veladas das vidas cuir.
Con esta sesión sumámonos aos actos do Día Internacional pola Despatoloxización Trans
- Título orixinal: Alex & Munchie: contra o cisheteropatriarcado
- Ano: 2023
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Xácia Ceive, Carmen Granxeiro
- Elenco: Carmen P.G. Granxeiro
- Música: Eva Outeiro, O Rabelo, Kalte Sonne
- Produtora: Carmen P.G. Granxeiro


