Cineuropa 2021 - Algo salvaje. La historia de Bambino

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2021 - Algo salvaje. La historia de Bambino

Dicía o Dr. Tyrell a Roy na soada Blade Runner que "a luz que brilla co dobre de intensidade dura a metade do tempo". Como Bambino, unha vida demasiado curta e á vez demasiado intensa para o referente dun país que empezaba a espertar tras madrugadas de festas infinitas e salvaxes. Do mesmo xeito que Morente ou Camarón, Bambino foi no seu momento a última fronteira do flamenco, ao que rescatou e achegou ao gran público. Artista de artistas, ídolo en bares de estrada, unha sorte de Lorca por bulerías, o seu estilo inimitable, o seu irresistible magnetismo escénico ou a súa desgarradora personalidade forman xa parte do mito, do rei sen reino, dun xigante da música do século XX.

Paco Ortiz (Huelva, 1978)
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Sevilla, director de cinema e realizador de tv, socio fundador de Sarao Films xunto a José Carlos de Isla desde 2012. Como director cinematográfico ata a data dirixiu 7 longametraxes documentais, salientando un nomeamento aos Premios José María Forqué (13. Miguel Poveda) e numerosos nomeamentos nos Premios Asecan do Cinema Andaluz por distintas películas.

  • Título orixinal: Algo salvaje. La historia de Bambino
  • Ano: 2021
  • Duración: 82 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Paco Ortiz
  • Guión: Paco Ortiz
  • Elenco: Bambino, José Mercé, Justo Molinero, Los de Río, Nazario, Máximo Valverde, Alberto García-Alix, Bunbury, Cristina Cruces
  • Montaxe: Paco Ortiz
  • Fotografía: Elisa Moreno
  • Produtora: Paco Ortiz, José Carlos de Isla