Amílcar

  • DCP2K
  • VOSE
Pase único 19 de outubro | Coloquio en liña co director

Amílcar

Moito máis que a recuperación histórica da figura de Amílcar Cabral, estamos ante un canto pola dignidade dos oprimidos, un alegato anticolonial e o rexistro dun intre fugaz de ilusión e esperanza arrincado da memoria polos vencedores. Agrónomo, utópico, pensador e revolucionario que loito pola independencia de Guiné Bissau e Cabo Verde, á mostrado por Miguel Eek nas súas poliédricas facetas, apoiándose nas súas palabras, nas imaxes restacadas de vellos Super 8 e en informes policiais, destilando un retrato humano e en clave de thriller político de quen foi nomeado como o Ché Guevara africano.

  • Título orixinal: Amílcar
  • Ano: 2025
  • Duración: 87 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas
  • Dirección: Miguel Eek
  • Guión: Miguel Eek, Alba Lombardia
  • Montaxe: Federico Delpero Bejar
  • Son: Elsa Ferreiro
  • Fotografía: João Pedro Plácido
  • Produtora: Les Docs du Nord, Korikaxoru Films, LX Filmes, Mosaic Producciones, Sisyfos Film (España)
  • Distribuidora: Insomni Films
Xixón 2025 (Mellor montaxe), IDFA 2025 (Mellor contribución artística), Play Doc 206 (Mellor filme internacional), CPH:DOX 2025 (Sección Oficial)