Amnesia 3.0

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Amnesia 3.0

  • Estrea
  • DCP2K

265-C érguese cada mañá para seguir o plan de actividades que marca a súa axenda, como calquera de nós. Só que ela non lembra o día de onte. Un software implantado no cerebro humano borra a memoria a curto prazo cada noite, así as persoas poden desenvolver as súas funcións dentro do sistema na engrenaxe perfecta, sen pensar nin preguntarse.

Porén, hai quen sobrevive na marxe. Son excluídxs, habitantes das Estremas. Nómades ancoradxs á tradición que foxen dese control e atesouran os vestixios dun pasado sepultado. Fiz e Lía farán estourar a normalidade ao entrar na vida de 265-C, tratando mediante unha tecnoloxía arcaica de reverter o seu bloqueo e facerlle recordar. Ao tempo, as súas accións son perseguidas por un anónimo inspector do Departamento de Seguridade Global.

A proxección contará cun coloquio posterior coa directora Irene Pin e os protagonistas da serie.

  • Título orixinal: Amnesia 3.0
  • Ano: 2020
  • Duración: 40 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Irene Pin
  • Guión: Irene Pin
  • Elenco: Vanesa Dorrei, Sara Ferro, Daniel Celester, Duarte Galbán, Monti Castiñeiras, Sabela Arán, Isabel Naveira
  • Montaxe: Irene Pin
  • Dirección de arte: Rocío López
  • Vestiario: María Selgas, Rocío López
  • Son: Isma Blanco, Daniel Ameneiro, Mario Lois, Iago Gordillo
  • Música: Iria Iglesias
  • Fotografía: Andry Milan
  • Produtora: Aqueladas
  • Distribuidora: Aqueladas
Carballo Interplay 2019 (Premio á produción de proxecto), Mestre Mateo 2020 (Nomeada a Mellor Serie Web)