Here / Aquí

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

Here / Aquí

Stefan, un traballador da construción romanés que vive en Bruxelas, está a piques de viaxar de volta para a súa casa. Cando está xa para marchar, coñece unha moza belgo-chinesa que traballa nun pequeno restaurante ao tempo que realiza o seu doutoramento sobre musgos.

Bas Devos (Zoersel, Bélxica). Tras filmar algunhas pezas curtas, debutou coa longametraxe Violet (2014), coa que gañou o gran premio do xurado da sección Generation 14plus en Berlín. Con só catro longametraxes demostrou estar dotado dun sentido estético potente e xenuíno. Despois de Ghost Tropic no 2019, Here é a súa cuarta longametraxe.

  • Título orixinal: Here
  • Ano: 2023
  • Duración: 84 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Bas Devos
  • Guión: Bas Devos
  • Elenco: Stefan Gota, Liyo Gong, Teodor Corban
  • Montaxe: Dieter Diependaele
  • Fotografía: Grimm Vandekerckhove
  • Produtora: Marc Goyens
Premio FIPRESCI na sección Encontros da Berlinale 2023