As mil e unha noites: Volume 1, O inquieto
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
As mil e unha noites: Volume 1, O inquieto
- Estrea
- DCP2K
- +12
Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da miserábel realidade que o rodea. Pero incapaz de encontrar sentido ao seu traballo, foxe de maneira covarde, deixando o seu lugar á fermosa Sherezade. Ela precisará ánimo e coraxe para non aburrir ao Rei coas tristes historias dese país. Co transcorrer das noites, a inquedanza deixa paso á desolación, e a desolación ao encantamento. Por iso Sherezade organiza as historias en tres entregas. Comeza así: «Oh venturoso Rei, fun coñecedora de que nun triste país...».
- Título orixinal: As Mil e Uma Noites: Volume 1, O Inquieto
- Ano: 2015
- Duración: 125 minutos
- Dirección: Miguel Gomes
- Guión: Telmo Churro, Miguel Gomes, Mariana Ricardo
- Elenco: Miguel Gomes, Carloto Cotta, Adriano Luz, Rogério Samora, Crista Alfaiate, Luísa Cruz, Maria Rueff, Bruno Bravo, Diogo Dória, Dinarte Branco, Chico Chapas, Tiago Fagulha
- Montaxe: Telmo Churro, Miguel Gomes, Pedro Filipe Marques
- Dirección de arte: Artur Pinheiro
- Vestiario: Lucha d'Orey, Silvia Grabowski
- Son: António Lopes, Vasco Pimentel
- Fotografía: Sayombhu Mukdeeprom, Mário Castanheira
- Produtora: O Som e a Fúria, Shellac Sud, Komplizen Film (Portugal)
- Distribuidora: Golem
Premios do Cinema Europeo 2015 (mellor son), Sevilla 2015 (2º mellor filme), Fénix 2015 (mellor montaxe, 5 nominacións).