As mil e unha noites: Volume 2, O desconsolado
- Estrea
- DCP2K
- +12
- VOSE
As mil e unha noites: Volume 2, O desconsolado
- Estrea
- DCP2K
- +12
Nesta segunda entrega, Sherezade fala de como se apoderou o desconsolo da xente: «Chegou aos meus ouvidos, oh Rei benaventurado, que unha xuíza consternada chorará en vez de ditar sentenza a noite en que as tres lúas se aliñen. Un asasino fugado percorrerá o país durante máis de corenta días e hase teletransportar para fuxir da policía mentres soñe con prostitutas e perdices. Unha vaca ferida evocará unha oliveira de mil anos mentres diga o que debe dicir, algo do máis triste. Os habitantes dun edificio de pisos ás aforas da cidade han rescatar os loros, mexarán nos ascensores, rodeados de mortos e pantasmas; haberá un can que...» Ao ver que amence, Sherezade cala.
- Título orixinal: As Mil e Uma Noites: Volume 2, O Desolado
- Ano: 2015
- Duración: 131 minutos
- Dirección: Miguel Gomes
- Guión: Telmo Churro, Miguel Gomes, Mariana Ricardo
- Elenco: Crista Alfaiate, João Pedro Bénard, Isabel Muñoz Cardoso, Margarida Carpinteiro, Chico Chapas, Carloto Cotta, Luísa Cruz, Joana de Verona, Eduardo Frazão, Pedro Inês, Lucky, Adriano Luz
- Montaxe: Telmo Churro, Miguel Gomes, Pedro Filipe Marques
- Dirección de arte: Susana Afonso Lopes
- Vestiario: Lucha d'Orey, Silvia Grabowski
- Son: Miguel Martins, Vasco Pimentel
- Fotografía: Sayombhu Mukdeeprom
- Produtora: Komplizen Film, O Som e a Fúria (Portugal)
- Distribuidora: Golem