Paraíso roubado / Somos plaga

  • Estrea
  • HD
  • VO

Paraíso roubado / Somos plaga

Paraíso roubado

Lukas Santiago | 2017 | Galicia | Documental | 60 min. | Galego

Este documental aborda a realidade de Lourizán entre finais do século XIX, cando Montero Ríos establece a súa residencia galega neste auténtico paraíso, e a chegada da fábrica Celulosa nos anos 60 do século XX, que supuxo a destrución da riqueza natural, paisaxística e económica desta parroquia pontevedresa, que veu perder o seu futuro como consecuencia do desenvolvemento franquista. Pero tamén é un exercicio de memoria histórica, un recoñecemento á loita das mariscadoras que se enfrontaron á represión militar na defensa do banco marisqueiro e o pan dos seus fillos, unha loita que non pode caer no esquecemento. É a crónica dun paraíso perdido... dun PARAÍSO ROUBADO!

Somos plaga

Xiana Gómez-Díaz & Emilio Fonseca | 2017 | Galicia | 34 min | Castelán, catalán, inglés, italiano, francés

Vivimos rodeados de pragas, todos eses organismos aos que non conseguimos someter e que, por algún motivo, non acaban de extinguirse. Praga é un concepto político de dominación, relacionado con cuestións de orde, pertenza e control. Todo aquilo que non é subxugado, domesticado, explotado, é praga ou é susceptible de converterse en praga. E unha praga debe ser exterminada.

  • Título orixinal: Paraíso roubado / Somos plaga
  • Idioma orixinal: Galego, castelán