Programa Audiovisual Galego #2
- Estrea
- HD
- VO
Programa Audiovisual Galego #2
- Cineuropa 2017
- Estrea
- HD
A rapa das bestas
Jaione Camborda Coll | 2017 | Galicia | Documental-Experimental | 10 min. | Galego
A tradición e o espectáculo lévannos a ser testemuñas da relación corpo a corpo do home e o animal nun contexto de loita.
Sibila
Carla Andrade | 2017 | Galicia | Videoarte | 9 min. | Castelán
Sibila deixa Constantinopla por Naraío para pasar os seus últimos días consumida pola melancolía debido ao mal de amor producido polo seu irmán xemelgo Silván. Partindo dunha das múltiples narracións que de forma sincopada se suceden e interpolan no relato de Álvaro Cunqueiro El caballero, recreamos unha pequena historia mediante unha estética depurada e baseada na elipse para contrarrestar o evidente horror vacui que caracteriza a súa obra.
Pois iso, que te quero
Beatriz del Monte | 2016 | Galicia | Documental | 12 min. | Galego
Nais e fillas. Unha viaxe a través das emocións de catro xeracións de mulleres dunha mesma familia, onde o espazo físico narrativo desaparece deixando o protagonismo á humanidade omnipresente dunhas mulleres que observan, senten e se interrogan desde o silencio gardado durante anos, dando paso a outro tempo de emocións compartidas.
Cortázar Galicia
Juan de la Colina | 2014 | Galicia | Documental Experimental | 17 min. | Galego, castelán
As fotografías e os textos sobre as viaxes que o escritor arxentino Julio Cortázar - acompañado da súa primeira muller, a tamén escritora Aurora Bernárdez-, fixo a Galicia nos anos 1956 e 1957, son a base desta curta experimental. A través dun xogo benxaminiano de interpretación (e materialización) libre e poética entre o pasado e o presente, o filme percorre os lugares que Cortázar visitou. O documental apóiase en material de arquivo facilitado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) –depositario dos fondos fotográficos e fílmicos de Julio Cortázar–, a Fundación Juan March e a Fundación Luís Seoane.
Atisbos
Iria Silvosa | 2016 | Galicia | Documental Experimental | 5 min. | Galego
Atisbos é a exploración da vila en que nacín, que agora se torna fantasmagórica e estraña.
Árbores
Gonzalo E. Veloso | 2015 | Galicia | Videoarte | 6 min. | Sen diálogos
As árbores refulxentes impresas contra un ceo brillante evocan o proceso cognoscitivo, cando os ecos do que se ve imprimen na memoria unha imaxe do experimentado.
Algunhas nubes floran lonxanas
Gonzalo E. Veloso | 2017 | Galicia | Videoarte | 6 min. | Sen diálogos
Como funciona a memoria ao lembrar experiencias? A fabulación, o erro, a proxección do que xa non existe dese xeito ao igual que na realidade. Un obxecto sempre implica un suxeito implícito. Así, este proxecto céntrase na imaxe e na súa correlación coa cousa, pero tamén apela á existencia dun eu que o experimentou e lémbrao. En definitiva, é unha reflexión sobre a identidade a través de momentos pasados fragmentarios.
Mamma
Gonzalo Cotelo | 2016 | Galicia / Italia | Drama | 6 min. | Italiano
Unha moza vese atrapada no medio dunha guerra entre bandas rivais cando se converte en testemuña dun asasinato a sangue frío.
- Título orixinal: Programa Audiovisual Galego #2