Ayotzinapa, crónica de un crimen de estado

  • Estrea
  • VO

Ayotzinapa, crónica de un crimen de estado

Este notable documental ten o seu foco nos crimes sucedidos na localidade mexicana de Iguala, onde desapareceron 43 alumnos da Escuela Normal Rural de Ayotzinapa presuntamente a mans de criminais que contaban coa complicidade das autoridades do lugar. O equipo de filmación trasladouse á localidade para recoller os testemuños dos sobreviventes e dos familiares das vítimas. Polas rúas fanse sentir as manifestacións con inmensos letreiros («Os asasinos están en palacio») que dan conta de que o pobo sabe que non hai unha división entre a delincuencia organizada e o Estado. A traxedia de Iguala non é unha acción illada, senón un capítulo máis dunha política criminal sistemática, que vén cobrando moitos miles de persoas desaparecidas no país.

  • Título orixinal: Ayotzinapa, crónica de un crimen de estado
  • Ano: 2014
  • Duración: 103 minutos
  • Dirección: Xavier Robles
  • Guión: Xavier Robles
  • Fotografía: Bruno Santamaría
  • Produtora: El Principio Producciones, m31 Medios (México)