Calle Santa Fe

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VO

Calle Santa Fe

Rúa Santa Fe, nunha barriada de Santiago de Chile, 5 de outubro de 1974. Carmen Castillo sobrevive ao seu compañeiro Miguel Enríquez, dirixente do Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR polas súas siglas en español) e da resistencia contra a ditadura de Pinochet, que morre no asalto á súa casa por parte dos militares. É o punto de partida de Calle Santa Fe, unha viaxe ao presente deses barrios e á memoria dos vencidos, unha viaxe levada a cabo sen compracencia ou autoindulxencia algunha. E cunha narrativa guiada polas seguintes preguntas: estes actos todos de resistencia pagaron a pena? Miguel morreu por nada?

  • Título orixinal: Calle Santa Fe
  • Ano: 2007
  • Duración: 163 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Carmen Castillo
  • Guión: Carmen Castillo
  • Montaxe: Eva Feigeles
  • Fotografía: Raphaël O’Byrne, Ned Burgess
  • Produtora: Sergio Gandara, Serge Lalou, Christine Perrier
Sección Un Certain Regard no Festival de Cannes 2007 Candidata á Caméra d'Or no Festival de Cannes 2007