Camarón: Flamenco y Revolución
- Estrea
- DCP2K
- VO
Camarón: Flamenco y Revolución
- Estrea
- DCP2K
O 5 de decembro de 1950 nacía Camarón de la Isla, a figura que revolucionou a arte do flamenco. Denostado polos puristas e convertido en toda unha icona para o público e nun referente para o pobo xitano, Camarón levou unha vida sempre ao límite. Un xenio adiantado ao seu tempo chamado a ser un dos artistas máis influentes e determinantes do século XX a pesar da súa prematura morte en 1992. A través da voz en off de Juan Diego e de material audiovisual inédito, Camarón: Flamenco y Revolución descobre a persoa detrás do mito, así como o legado universal da súa obra 25 anos despois da súa morte.
- Título orixinal: Camarón: Flamenco y Revolución
- Ano: 2018
- Duración: 104 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Alexis Morante
- Guión: Alexis Morante, Raúl Santos
- Participación: Juan Diego (voz en off), Camarón de la Isla
- Montaxe: Raúl Santos
- Son: Vicente Villaescusa
- Música: Miguel Torres, Julio Revilla
- Fotografía: Juanma Carmona
- Produtora: Lolita Films, Canal Sur Andalucía, Mediaevs, FilmStar, Ulula Films (España)
- Distribuidora: Karma Films