CAN and Me

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSE

CAN and Me

Retrato íntimo e poético de Irmin Schmidt, fundador de CAN, un dos grupos cruciais e máis influentes do movemento krautrock xurdido na Alemaña de finais dos 60. Un calidoscopio de concertos e de ducias de filmes e óperas para as que fixo a música envolve unha entrevista sobre como se reinventou incontables veces e as súas experiencias co academicismo clásico, con Stockhausen e Ligeti, coas drogas e o minimalismo de NY, co pasado nazi de seu pai ou coa súa paixón polo cinema e a electrónica de clube.

Estrea en Galicia | Proxección incluída no WOS Festival X Son Estrella Galicia 2023

  • Título orixinal: CAN and Me
  • Ano: 2022
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Tessa Knapp, Michael P. Aust
  • Guión: Sarah Schygulla
  • Participación: Irmin Schmidt, Wim Wenders, Brian Eno, Hildegard Schmidt
  • Música: Markus Aust
  • Fotografía: Tessa Knapp
  • Produtora: Televisor Troika, WeFadeToGrey, Westdeutscher Rundfunk (WDR)