Carrie

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Carrie

Carrie White, unha tímida adolescente que vive coa súa nai, unha fanática relixiosa, é obxecto de chanzas constantes dos seus compañeiros de instituto. Cando, nas duchas do ximnasio, a moza sofre un ataque de ansiedade ao ter a súa primeira menstruación, a unha das súas compañeiras ocórreselle gastarlle unha broma macabra na festa de gradación. O que todos ignoran é que Carrie posúe poderes telequinésicos. Adaptación da novela homónima de Stephen King.

O Especial Noite de Samaín complétase ás 23:10h con A noite de Halloween, de John Carpenter. Podes ver cada filme por separado ao prezo habitual ou asistir a ambos por un prezo especial reducido de 10€ —7€ no caso das abonadas de NUMAX—. Esta rebaixa só pode efectuarse nas compras en billeteira.

  • Título orixinal: Carrie
  • Ano: 1976
  • Duración: 97 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Brian De Palma
  • Guión: Lawrence D. Cohen, Paul Monash. Novela: Stephen King
  • Elenco: Sissy Spacek, Piper Laurie, Amy Irving, William Katt, Betty Buckley, Nancy Allen, John Travolta, P. J. Soles
  • Montaxe: Paul Hirsch
  • Dirección de arte: Jack Fisk
  • Vestiario: Michael Kaplan
  • Son: Michael J. Kohut, William Sawyer, Richard Portman
  • Música: Pino Donaggio
  • Fotografía: Mario Tosi
  • Produtora: United Artists (EEUU)
Óscar 1976 (2 Nominacións), Globos de Ouro 1976 (1 Nominación)