Casa do silencio

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Casa do silencio

En 2022 o realizador estadounidense Jon Jost recibe un convite do cineasta venezolano de ascendencia galega Diego Salomon para visitalo á súa casa familiar en Galicia. Tras pasar tres semanas no rural galego Jost atopa unha historia derivada dos tabús familiares dunha familia galega emigrada a Venezuela.

"Un retrato cinematográfico dunha pequena parte de Galicia con cantantes, poetas, paisaxes e xente do común que tenta chegar ao espírito deste lugar. Como sucede na poesía, é oblicuo, indirecto e alude a historias que non podemos contarnos a nós mesmos" (Jon Jost)

O pase do sábado 2 de novembro contará con presentación e coloquio de Jon Jost | Colabora aCentral Folque

  • Título orixinal: Casa do silencio
  • Ano: 2023
  • Duración: 76 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Jon Jost
  • Guión: Jon Jost
  • Participación: Quico Cadaval, Paula Ballesteros, Ismael Ramos, Ugia Pedreira, Antón Lopo, Xiana Arias, José Vázquez Mato (Pepe), Maruja Parcero
  • Música: Ugia Pedreira, Gabi Reboredo, Carme da Pontragha, Felisa Segade, Pablo Castaño, Iván Vilela, Berio Molina, Álvaro Peña, Ariel Ninas, Ramón Almuinha
  • Produtora: aCentral Folque
  • Distribuidora: aCentral Folque