Esa fugaz esencia que dejaron los sucesos | Essere donne | Stendalí (Suonano ancora) | Maria e i Giorni
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Esa fugaz esencia que dejaron los sucesos | Essere donne | Stendalí (Suonano ancora) | Maria e i Giorni
- MICE 2024
- Repertorio
- DCP2K
Esa fugaz esencia que dejaron los sucesos
Carolina Astudillo | 2022 | 14 min | España | VO
Walter Benjamin definiu o rastro como a “aparición dunha proximidade, por moi lonxe que estea agora o que a deixou atrás”. As rúas de Barcelona están poboadas das pegadas de pequenas e grandes loitas que as mulleres levaron a cabo ao longo da historia. Algúns apenas se perciben, parpadean, escóndense. Outros convertéronse en trazos, placas ou monumentos intencionados que tentan reconstruír e actualizar o pasado que a Historia con H maiúscula quixo borrar. Este filme busca esa proximidade da que fala Benjamin, vestixio dunha historia alternativa á oficial que hai que salvar do esquecemento. É a investigación da fortaleza histórica destas mulleres consideradas excepcións, notas a pé de páxina.
Essere donne
Cecilia Mangini | 1964 | 29 min | Italia | VOSG
Este documental é unha das primeiras investigacións cinematográficas sobre o estado da muller en Italia, visto nos seus diferentes aspectos: social, económico, psicolóxico. Partindo dunha análise dos modelos femininos que propón a industria cultural -o comezo da película e os modelos de revistas de moda-, o filme atopa as súas protagonistas entre mulleres reais, de todas as idades, ocupacións e de todas as rexións.
Stendalí (Suonano ancora)
Cecilia Mangini | 1960 | 10 min | Italia | VOSG
Un filme extático que linda coa alucinación e que nos sitúa no medio do ritual das plañideiras nun funeral en Salento, ao sur de Italia. Unha tradición en extinción nun filme con guión da propia Mangini e de Pier Paolo Pasolini.
Maria e i Giorni
Cecilia Mangini | 1959 | 10 min | Italia | VOSG
Un día na vida de Maria, unha enérxica anciana que vive nunha granxa na Puglia. Non ten medo á morte. Os xestos e accións que enchen os seus días dan sentido ao tempo.
- Título orixinal: Esa fugaz esencia que dejaron los sucesos | Essere donne | Stendalí (Suonano ancora) | Maria e i Giorni
- Duración: 63 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Carolina Astudillo | Cecilia Mangini