Un paseo por New York Harbor | Due scatole dimenticate - Un viaggio in Vietnam |
- Repertorio
- DCP2K
- VO
Un paseo por New York Harbor | Due scatole dimenticate - Un viaggio in Vietnam |
- MICE 2024
- Repertorio
- DCP2K
Esa fugaz esencia que dejaron los sucesos
Carolina Astudillo | 2019 | 5 min | España | VO
A aparente tranquilidade dun domingo solleiro abraia os paseantes. É que entón non escoitan os cánticos pola paz, os berros contra a guerra e o barullo que provocan nas rúas os movementos polos dereitos civís? Unha carta dirixida a un irmán, as verbas do poeta Langston Hughes e o ritmo do jazz, lémbrannos que 1967 foi un ano trepidante
Due scatole dimenticate - Un viaggio in Vietnam
Cecilia Mangini & Paolo Pisanelli | 2020 | 57 min | VOSG
Entre 1964 e 1965, os directores Lino Del Fra e Cecilia Mangini viviron durante tres meses en Vietnam do Norte, daquela en guerra con Estados Unidos, para rodar unha película dedicada a un pobo que loitaba pola unidade e a independencia. Esquecidas durante máis de cincuenta anos nun vello armario do faiado, apareceron inesperadamente dúas caixas de zapatos cheas de negativos fotográficos. E o resultado é un film de cámara que fala dunha guerra, dunha memoria que esvaece, dun desafío contra o paso do tempo.
- Título orixinal: Un paseo por New York Harbor | Due scatole dimenticate - Un viaggio in Vietnam
- Duración: 62 minutos
- Idioma orixinal: Varios idiomas
- Dirección: Carolina Astudillo | Cecilia Mangini