Cemetery of Splendour

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12
  • VOSE

Cemetery of Splendour

  • Estrea
  • DCP2K
  • +12

Nun pequeno pobo de Tailandia, vintesete soldados sofren un estraño caso da enfermidade do sono. Unha escola primaria abandonada convértese nun pequeno hospital onde Jenjira Widner, unha señora de mediana idade casada con Frank, un soldado retirado dos Estados Unidos, coida deles. Jenjira colle especial apego a Itta, un soldado mozo que non ten ningún parente. Un día a voluntariosa enfermeira ten un encontro con dúas pantasmas que a advirten de que debaixo da escola hai un cemiterio de reis.

  • Título orixinal: Rak ti Khon Kaen
  • Ano: 2015
  • Duración: 122 minutos
  • Dirección: Apichatpong Weerasethakul
  • Guión: Apichatpong Weerasethakul
  • Elenco: Jenjira Pongpas, Banlop Lomnoi, Jarinpattra Rueangram, Petcharat Chaiburi, Tawatchai Buawat, Sakda Kaewbuadee, Sujittraporn Wongsrikeaw, Bhattaratorn Senkraigul, Pongsadhorn Lertsukon, Apinya Unphanlam, Sasipim Piwansenee
  • Montaxe: Lee Chatametikool
  • Dirección de arte: Pichan Muangduang
  • Vestiario: Phim U-mari
  • Son: Richard Hocks
  • Fotografía: Diego García
  • Produtora: Kick the Machine (Tailandia), Anna Sander Films (Francia), Match Factory Productions, ZDF/Arte (Dinamarca), Geißendörfer Film (Alemaña), Astro Shaw (Malasia), Asia Culture Centre-Asian Arts Theatre (Corea do Sur), Detalle Films (México)
  • Distribuidora: Noucinemart
Cannes 2015 (nomeado ao mellor filme na sección Un certain regard), Sitges 2015 (sección oficial).