Cineuropa 2022 - Programa 2: Panorama Audiovisual Galego

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2022 - Programa 2: Panorama Audiovisual Galego

La entrega
Pedro Díaz | 2022 | FIC | 24 min.
Armando ten 80 anos. Un descoñecido trauma impídelle saír da súa casa desde hai unha década. O seu único contacto co exterior é a través dun rider que lle trae os pedidos que xestiona o seu fillo desde o estranxeiro. Un día Armando recibe algo que fará que reaparezan vellas pantasmas, medos e lembranzas que afrontar.

O niño dos paxaros
Lucía Estévez | 2021 | FIC | 16 min.
Os pardais fanse oco entre a maquinaria, nos tubos de escape, nos motores abertos ou nos asentos dos coches da terceira planta. Cando escoitan abrir o gran portalón á primeira hora da mañá, voan lixeiros para entraren. Hoxe o taller é un lugar seguro para eles, do mesmo xeito que o foi para o meu pai nos anos 80.

Sauerdogs
Guillermo de Oliveira | 2022 | FIC | 15 min.
O inverno adiantouse. Bill e Hans, dous fracasados buscadores de ouro que viaxan nunha maltreita zorra de cans, tentan regresar á casa. A través dun inhóspito val nevado, derreados e coas mans baleiras, esgotaron xa por completo a súa marxe para o erro. Cando un dos cans non dá continuado, comezan a aparecer as fendas nos alicerces da súa lealdade.

  • Título orixinal: Programa 2: Panorama Audiovisual Galego
  • Duración: 54 minutos
  • Idioma orixinal: Varios idiomas