L'attentat / O atentado
- Estrea
- DCP2K
- VOSE
L'attentat / O atentado
- Cineuropa 2023
- Estrea
- DCP2K
Sadiel, un destacado líder rebelde norteafricano, refúxiase en Suíza tras o triunfo dun golpe de estado no seu país. Desde o exilio, organiza unha oposición democrática contra a ditadura en Marrocos. Consciente da ameaza que Sadiel representa, o coronel Kassar ponse en contacto cos servizos franceses para que o eliminen.
Filme baseado, aínda que non exista ningunha referencia explícita, no caso de Mehdi Ben Barka, político marroquí que loitou pola independencia e máis tarde foi un disidente do réxime de Hasán II.
- Título orixinal: L'attentat
- Ano: 1972
- Duración: 120 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Yves Boisset
- Guión: Jorge Semprún, baseado nunha historia escrita por Ben Barzman e Basilio Franchina
- Elenco: Gian Maria Volonté, Jean-Louis Trintignant, Michel Piccoli, Jean Seberg
- Montaxe: Albert Jurgenson
- Fotografía: Ricardo Aranovich
- Produtora: Giuliani G. De Negri, Jean Gontier, Yvon Guézel