Cineuropa 2018 - A Land Imagined

  • Estrea
  • VOSE

Cineuropa 2018 - A Land Imagined

Wang, un traballador chinés que vive na área industrial de Singapur sofre un accidente laboral e comeza a angustiarse pola posibilidade de ser repatriado. Incapaz de durmir, frecuenta un cibercafé no medio da noite.Coa esperanza de atopar algunha forma de contacto humano nunha terra na que se sente marxinado, fai unha amizade en liña que termina sendo moito máis sinistra do esperado. Cando Wang desaparece repentinamente, o policía Lok é chamado a investigar o caso descubrindo unha historia inesperada.

 

  • Título orixinal: A Land Imagined
  • Ano: 2018
  • Duración: 95 minutos
  • Idioma orixinal: Mandarín, Inglés, Bengalí
  • Dirección: Yeo Siew Hua
  • Guión: Yeo Siew Hua
  • Elenco: Peter Yu, Liu Xiaoyi, Luna Kwok, Jack Tan, Ishtiaque Zico, Kelvin Ho, George Low, Andie Chen
  • Música: Teo Wei Yong
  • Fotografía: Hideho Urata
Leopardo de Ouro á mellor película no Festival de Locarno 2018