Cineuropa 2020 - Curtas galegas Sesión I

  • Estrea
  • HD
  • VO

Cineuropa 2020 - Curtas galegas Sesión I

Onte estamos nós, a outra ollada do cinema
Lara Alonso Vázquez | 2018 | 39 min
Onde estamos nós é un documental feminista, de carácter testemuñal, que ten como obxectivo visibilizar a obra audiovisual dalgunhas das directoras máis recoñecidas do ámbito galego. O proxecto adquire unha visión crítica da ausencia de mulleres no posto de dirección en Galicia. Pretende concienciar sobre o que supón ser muller e dirixir, da falta de referentes femininos nos manuais de estudo, da invisibilidade nas carteleiras, entre outros aspectos de interese, abordados desde unha clara perspectiva de xénero. Con Melania Cruz, Antonio Durán ‘Morris’, Xúlio Mariana Carballal, Noemí Chantada, Paula Cons, Lucía Estévez, Anxos Fazáns, Xisela Fanco, Margarita Ledo e Olga Osorio.

The Death: El reencuentro
Pablo Vázquez | 2020 | 31 min
Tres amigos rememoran vellos tempos a través dunha película que filmaron cando eran nenos: The Death. Á súa vez, o director do documental reflexiona sobre a importancia que esta obra tivo na súa traxectoria e na súa vida. Unha homenaxe ás amizades da infancia e á inocencia do cinema caseiro feito por pura diversión.

  • Título orixinal: Curtas galegas Sesión I
  • Ano: 2020
  • Duración: 70 minutos
  • Idioma orixinal: Galego