Cineuropa 2020 - Curtas galegas Sesión II

  • Estrea
  • HD
  • VO

Cineuropa 2020 - Curtas galegas Sesión II

Carta nº4
Marcos Nine | 2020 | 12 min
Un cineasta, fillo de emigrantes, escribe unha videocarta a un cineasta obrigado a emigrar. O tempo é como un bucle. Descoñecemos se vivimos no pasado ou se é o inicio do futuro por chegar. A mesma política repítese unha e outra vez.

Como estatuas que son los guardianes de los muertos
Gonzalo E. Veloso | 2019 | 9 min
"Neste esforzo por recuperar o mundo tal e como o captamos na experiencia vivida, todas as precaucións da arte clásica voan en pedazos" (Maurice Merleau- Ponty).

Monte bravo
Noelia María Muíño González | 2020 | 13 min
Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un lobishome no bosque. Pero, é real ou só está na imaxinación da nena? Mediante a procura dos irmáns para atopar o licántropo, somerxémonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.

Burdeos-Porto
Marta Valverde | 2020 | 11 min
Dúas cidades, dúas historias de amor fugaz. As palabras traen de volta os pasados non esquecidos. Pero agora xa non parece o mesmo lugar.

Helsinki 79
Pablo Fontenla | 2019 | 20 min
Cumpríronse 40 anos do lanzamento de Helsinki 79, unha canción que segue a soar na memoria de varias xeracións de fineses. O fillo de Hans Nykänen, o produtor do tema, decide investigar tras a morte de seu pai as orixes do dúo español e a especial relación que mantivo cos autores dese himno nórdico.

  • Título orixinal: Curtas galegas Sesión II
  • Duración: 66 minutos
  • Idioma orixinal: Galego