Cineuropa 2020 - Nación

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Cineuropa 2020 - Nación

1969: Nieves Lusquiños entra a traballar na fábrica de louza Pontesa aos 14 anos. Lembra o primeiro sobre coa paga semanal, un sobre beis, non moi grande, que ten que entregar na casa pero que a fai sentirse importante. Aos 18 estrea vacacións co seu Diane6 amarelo e descapotábel, estrea reunións prohibidas, os gintonic en Flope… até que un día o patrón deixa de pagar. Traballar sen cobrar? Iso nin falar. Non traballedes gratis, por favor. A la mierda!, exclama Nieves.

  • Título orixinal: Nación
  • Ano: 2020
  • Duración: 90 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Margarita Ledo Andión
  • Guión: Margarita Ledo Andión
  • Elenco: Nieves Pérez Lusquiños, Manuela Nóvoa Pérez, Ester García Lorenzo, Carmen Portela Lusquiños e Carmen Álvarez Seoane (ex-traballadoras d’A Pontesa); Mónica Camaño, Mónica de Nut, Laura Martínez Iglesias, Xoana Pintos, Eva Veiga
  • Montaxe: Marcos Flórez, NUMAX
  • Música: Mercedes Peón
  • Fotografía: Alberte Branco
  • Produtora: Nós. Produtora Cinematográfica Galega